publicidade hoxe

Un conxunto escultórico de dez pezas representantivas de carneiros instaladas nunha rotonda de Moraña conmemorará a cita festiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMorañaPontevedra
A-
A+

A Deputación instalará hoxe un conxunto escultórico realizado pola Escola de Canteiros composto por dez esculturas de granito que representan outros tantos carneiros. O obxectivo desta obra é divulgar a festa gastronómica do Carneiro ó Espeto, unha das máis representativas da provincia.

As dez esculturas instalaranse nunha rotonda de 2.500 m2 e 56 m de diámetro situada no lugar da Chociña, na estrada autonómica Caldas de Reis-San Xurxo de Sacos.

Esta iniciativa é froito dun convenio asinado entre a Deputación e o Concello de Moraña, no que a institución provincial se compromete a subvencionar en especie o conxunto escultórico.

As esculturas, que forman unha composición circular, instalaranse nun cadro de aceiro inoxidable. No medio colocaranse catro taboleiros de granito, cun oco central cunha luz que representa un fogo.

Os carneiros en granito teñen unhas dimensións individuais de 180 cm de alto e 110 cm de ancho. O cadro de aceiro inoxidable que os sostén mide 25 x 25 mm.

22 de xullo de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.