publicidade hoxe

Ultreia Teatro trae a Cedeira a súa última obra, “La dama boba” de Lope de Vega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A compañía Ultreia Teatro, de Ortigueira, representará este sábado, 12 de xullo, a súa última obra “La dama boba”, de Lope de Vega. A función programada polo Concello desenvolveráse no Auditorio Municipal da vila, ás 21 horas, e con entradas a 3 euros. Trátase dunha comedia palaciega en tres actos adaptada polo director da compañía, Elixio César Silvent. Aborda a forza educadora do amor e vén precedida do éxito colleitado na súa estrea en Ortigueira. O Grupo de Teatro Ultreia foi fundado a principios do 2012 e nel participan unha veintena de veciños e veciñas. A súa primeira peza teatral, “La venganza de don Mendo”, logrou un grande éxito e agora afrontan este novo reto confiando en reeditalo, ofrecendo un espectáculo de calidade ao público.

10 de xullo de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.