publicidade hoxe

Últimos días para presentar propostas ao II Concurso de carteis da Festa do Pan de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O próximo 31 de xullo remata o prazo de presentación de traballos á segunda edición do Concurso de carteis da Festa do Pan de Neda. A proposta gañadora promocionará a XXVI edición desta emblemática celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2013, e recibirá un premio en metálico de 200 euros. Así, as persoas interesadas en participar no certame deben achegar os seus carteis á casa consistorial (Avenida de Alxeciras, 34, 1º Neda) de luns a venres entre as 9 e as 14 horas. O cartel poderá realizarse en calquer técnica, sempre e cando sexa posible a súa reproducción en soporte papel.

Deberá incluír necesariamente a lenda “XXVI Festa do Pan de Neda7 de setembro de 2014”. Será un xurado formado polo alcalde, a concelleira de Turismo, representantes dos grupos políticos que integran a corporación municipal, un membro do sector panadeiro e un artista de recoñecido prestixio, xunto co secretario municipal, o que elixa o cartel gañador. Por último, a edil de área, Montse Rico, animou á cidadanía a participar nesta cita e apuntou que as bases do concurso poden consultarse no taboleiro de edictos do consistorio e na páxina web municipal (www.neda.es).

21 de xullo de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.