Últimos días para disfrutar da exposición fotográfica “Pedras, home e natureza” en Lousame
A sala de exposicións da Casa da Cultura de Lousame acolle ata o próximo 18 de xullo a exposición fotográfica “Pedras, home e natureza”, unha selección de imaxes obra de Eduardo Estévez e Bernardino González. A mostra está organizada pola Concellería de Cultura e Xuventude en colaboración coa Asociación de Fotografía Olláparo, de Boiro. A mostra foi inaugurada pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, o pasado 13 de xuño e recolle unha serie de instantáneas que teñen como elemento central a pedra, tanto na súa forma natural como en esculturas.











