Tui acolleu a xuntanza de usuarios do servizo de teleasistencia da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Onte á tarde tivo lugar no Centro Interfederado de Tui a II Xuntanza de Usuarios do Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra. Á mesma asistiron usuarios deste servizo de Tui, Nigrán, Baiona, O Rosal, Oia e Tomiño.

O alcalde de Tui e deputado provincial, Moisés Rodríguez, xunto á concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, deu á benvida aos usuarios que disfrutaron dunha animada tarde coa actuación do mago Noel, e de música. Moisés Rodríguez salientou o bo funcionamento do servizo de teleasistencia que salientaba “realiza un gran traballo”.

31 de xullo de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.