Triunfo e derrota para Galicia na primeira xornada do Torneo Nacional Infantil de Autonomías de Balonmán
Unha vitoria e unha derrota. Na primeira xornada do Torneo Nacional Infantil de Autonomías de Cangas de Narcea as seleccións galegas masculina e feminina tiñan coma rival ao conxunto anfitrión, polo que se esperaba un partido complicado en ambos casos. Gañou o equipo feminino con amplitude (17-29), mentres que perdeu o masculino (25-22), nun encontro moito máis igualado. Mañá ambos conxuntos enfrontaranse a Madrid e La Rioja.
Infantil masculino. Partido igualado na primeira parte, mentres que na segunda metade varias perdas de balón de Galicia permitiu a Asturias coller unha vantaxe de tres goles, que xa foi irrecuperable.
Goleadores: Isaac (2), Bruno (1), Daniel (3), Eduardo (1), Gonzalo (2), Couto (4), Barciela (1), Roi (2), Brais (29, Urbieta (1), Andrés (3).
O equipo masculino xogará mañá contra La Rioja (12:00) e Madrid (19:15).
Infantil feminino. A selección galega logrou poñerse por diante no marcador dende o mesmo inicio, cun parcial de 0-3 nos primeiros cinco minutos e xa non abandonou esta situación de vantaxe durante todo o partido. As galegas fixeron un gran partido, cuando defensa moi forte que lle permitiu explotar o contragolpe. Ademais, no ataque posicional, Galicia moveu con moita rapidez o balón buscando aos extremos, que estiveron moi acertados. Ao descanso, 6-12.
Goleadoras: Andrea (10), Sandra Blanco (4), Ángela (4), Antía (1), Saray (1), Sandra Sánchez (1), Julieta Sofía (3), Ruth (3) e Sara (2).
Mañá o equipo galego disputará dous partidos: Primeiro enfrontarase a Madrid (09:30 horas) e pola tarde a La Rioja (17:15).











