Treixadura apraza de novo o seu concerto en Ribadumia polas previsións de choiva
A actuación de Treixadura que pretendía ser dar pistoletazo de saída á XLII Festa do Viño Tinto do Salnés, o 6 de xuño tivo que suspenderse a causa das altas probabilidades de choiva.
Naquela ocasión o Concerto aprazárase para o 5 de xullo. Agora, a un día do concerto, ten que suspenderse novamente xa que segundo a Axencia Estatal de Metereoloxía a probabilidade dunha noite pasada por auga e do 100%.
Parece que unha nube acompaña o grupo cando se achega a Ribadumia. Teremos que esperar o 19 de xullo a 23:30 na Carballeira de Barrantes, data prevista para a próxima actuación, para disfrutar da actuación e “Se chove, deixa chover…”











