Toni Ferreiro e Alejandro Caamaño marcan a diferenza na proba de descenso

Foto de familia dos premiados na proba de descenso
O último da serie de tres Campionatos de Ciclismo que se disputaron o fin de semana en Galicia foi no Páramo (Lugo) na modalidade de Descenso nunha proba organizada polo DH Galicia na que Toni Ferreiro (Evil V.T.), impúxose no scratch final a Alejandro Caamaño (Singletrack O.S) por algo máis de 2 segundos, pero ambos se vestiron con senllas camisolas de Campións de Galicia nas súas respectivas categorías Elite e Sub 23. Carmen Rosi Martínez (C.C. Coruxo) tamén vestiu a súa camisola de Campioa Elite e o resto das categorias repartíronse os galardóns entre Andrés Quintela (Cadetes – C.C. Farto), César Sánchez (Junior – Arteixo MB3), Juan Ramón López (DH Galicia) en Máster 30 e Marcos Araujo (4X) . Gran ambiente na entrega de premios e agradecemento cara aos concellos de Sarria e do Páramo que acolleron este Campionato de Galicia, antesala dos nacionais que se disputarán o próximo fin de semana en Panticosa.











