publicidade hoxe

Teresa Rabal presenta en Vimianzo o espectáculo ‘Veo veo, el musical’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVimianzo
A-
A+

Unha cara ben coñecida para aqueles que pasan xa dos 30, que marcou a infancia coas súas cancións e programas televisivos, chega agora a Vimianzo para compartir un espectáculo familiar para todas as idades, unha fermosa lembranza de anos pasados para os maiores que poden compartir cos agora cos fillos aquelas coñecida cancións que coreaban cara a pantalla de televisión. Veo, veo el musical traerá a Vimianzo un ballet de personaxes xigantes entre os que se atopan El grillo viruta, la Tortuga Tomasa, … e a grande artífice e protagonista do espectáculo, Teresa Rabal, fará corear ao público ao ritmo de Veo, veo, que ves?, De oca en oca ou Me pongo de pie, me vuelvo a sentar.

A cita será o sábado 12 de xullo, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo. A taquilla para a venda das entradas abrirá dúas horas antes do inicio do espectáculo

9 de xullo de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.