Taller de pintura de verán para nenos e adultos en Nigrán
O Concello de Nigrán oferta un taller de pintura para nenos de entre 6 e 16 anos e adultos, que se impartirá os meses de xullo e agosto nas instalacións do colexio de Mallón. Os horarios para os máis pequenos é de 10.30 a 11.30 horas e de 12.30 a 13.30 horas os mércores, e de 11.00 a 13.00 horas os luns ou martes, cun máximo de entre oito e dez alumnos por grupo. O prezo por persoa é de 30 euros ao mes, material incluído para os nenos. Máis información e inscricións no CIM de Nigrán, no 986 38 30 81.











