publicidade hoxe

Sete xóvenes participan nas actividades de voluntariado ambiental do Concello de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
O alcalde de Miño co grupo de xóvenes

O alcalde de Miño co grupo de xóvenes

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, mantivo unha xuntanza esta mañá no Salón de Plenos do Concello cos participantes desta actividade de acción voluntaria do Concello de Miño. Este programa de Voluntariado Xuvenil do Concello permite este ano que un total de 7 mozas e mozos se incorporen como voluntarios a este proxecto solidadrio de acción voluntaria en Miño.

Os destinatarios son mozos e mozas con idades comprendidas entre 16 e 30 anos, que desenvolverán entre os meses de xullo e agosto cunha xornada de 6 horas as actuacións propostas, como son a limpeza de praias, a recuperación de zonas alteradas no río Medio, o apoio ao persoal municipal en traballos de xardineria, acondicionamento de fontes e lavadorios, etc… En total, estes voluntarios executarán un total de 294 xornadas de acción voluntaria.

O obxectivo principal do proxecto é a formación dun grupo xuvenil de persoas voluntarias interesadas no medio natural, ambiental e paisaxístico a fin de consolidar unha extratexia común de traballo: a custodia do territorio e a protección da naturaleza e o paisaxe.

21 de xullo de 2014 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.