Servizos sociais de Vilagarcía expón a lista provisional de admitidos no Conciliatardes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a lista provisional dos 35 nenos e nenas admitidos no programa Conciliatardes-Tardes coa Infancia para o curso 2014/15. As listaxes pódense consultar en servizos Sociais e no taboleiros de anuncios da web http://www.vilagarcia.es .

O Conciliatardes ten como obxectivo facilitar a vida familiar, persoal e laboral das familias con fillos menores que non teñen clase pola tarde e que non teñen quen dea conta deles mentres os pais traballan. Trátase dun programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades.

Os nenos e nenas son atendidos por monitores e pedagogos especializados que desenvolverán con eles un amplo e variado programa que inclúe tanto aspectos educativos como lúdicos para fomentar a súa sociabilidade, vida sana, creatividade e potenciar os valores positivos.

As prazas ofertadas son 35, todas elas para nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2011. O servizo desenvolverase durante os meses de outubro 2014 a xuño de 2015 no Centro de Formación de Matosinhos, en horario de 15:30 a 21:00 horas.

11 de xullo de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.