Servizo da BiblioRúa en Verín
Durante os días 23 de xullo e 4, 11 e 22 (agosto), a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volverá saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos/ás lectores/as, e incentivar a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral.
Durante as mañás desas catro xornadas, de 11 a 13 horas, voluntarios/as desta instalación municipal se situarán fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral.
Ademais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.











