Seis equipos galegos participarán no Campionato de España de Balonmán Praia en Laredo
Seis equipos galegos (catro sénior e dous xuvenís) participarán no Campionato de España de Balonmán Praia, que se celebra esta fin de semana en Laredo (Santander). Este torneo reunirán a 82 equipos (43 sénior masculino, 20 sénior feminino, 10 xuvenís masculino e 9 xuvenís feminino), unha proba máis do crecemento que está tendo nas últimas tempadas esta modalidade deportiva.
Na categoría masculina participarán o BM Praia Painkillers (campión galego) e PTV HandStrand (subcampión), mentres que na feminina os representantes galegos serán El Bunga (campión galego) e Waterfucker 2.0 (terceira clasificada no Galego). Na categoría xuvenil os representantes son BM Praia Painkillers (masculino) e Ac Kaló Painkillers (feminino). A competición comezará mañá venres e as semifinais e finaís disputaranse o domingo.
As redes sociais da Real Federación Española de Balonmán dedicadas ao balonmán praia permitirannos seguir o desenvolvemento da gran festa do balonmán praia español. Poderá seguirse a través de Twitter (@balonmanoplaya_) e Facebook (fb.com/balonmano.playa), en ambas as dúas co hashtag #LaredoBMP.











