publicidade hoxe

Salvaterra abre o prazo para solicitar axudas de material escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño recorda que o próximo 15 de xullo ábrese o prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar dos nenos e nenas de infantil.

Un ano mais o Equipo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en Xunta de Goberno Local as axudas para a adquisición de libros e material escolar de Infantil para o curso 2014/2015.

Estas axudas nacen co obxecto de promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a lumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do noso municipio.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 15 xullo ao 14 de agosto de 2014, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes e xoves de 08.00h a 14.30h.

9 de xullo de 2014 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.