Saldomarín regresa do 1 ao 3 de agosto
O Venres día 1 de Agosto ás 11.00 horas, terá lugar na carpa situada na Alameda Rosalía de Castro de Marín, a inauguración da VIII Edición do SALDOMARÍN, que tras o éxito das anteriores edicións xa se converteu nun referente neste tipo de eventos na Comarca do Morrazo e inmediacións.
Baixo unha superifice de 500 m2, 26 expositores (dos cales o 75% son de Marín) ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 50%) produtos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, óptica, lencería, artesanía, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoiaría, electrodomésticos, complementos para mascotas, plantas, bixutaría… Durante os tres días nos que se desarrrollará o evento, o horario será de 11 a 15 e de 18 a 23 e a entrada será gratuíta. Ademais, contarase de novo con dúas actividades de dinamización a través do Plan Cultural da Deputación dirixidas aos máis pequenos, que consistirán no seguinte: Sábado día 2 de 12 a 14 horas un pallaso visitará a carpa facendo as delicias dos máis pequenos e o Domingo día 3 de 13 a 14 haberá un espectáculo de maxia a cargo do “Mago Paco” para nenos de 3 a 99 anos.
Como novidade este ano, as compras efectuadas terán premio. Así polas compras de polo menos 10 €, os clientes recibirán unha invitación para visitar a exposición “Auga Doce” na Cidade da Cultura. Repartiranse un total de 2.500 invitacións. O evento conta coa colaboración do Concello de Marín (que nos cede a ocupación de parte da Alameda), da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Comercio), A Caixa e a Federación Galega de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas.











