Ruta de padle surf polo Porto de Panxón en Descubre Nigrán
Veciños e visitantes teñen mañá unha nova cita coa campaña Descubre Nigrán, este vez cunha ruta de padle surf polo Porto de Panxón con saída ás 11.00 horas, organizada por Prado Surf Club en colaboración co Concello de Nigrán. O prezo por persoa é de 20 euros, 16 euros para os empadroados en Nigrán, e inclúe todo o material necesario para a práctica deste deporte e seguro.
Ademáis, os amantes deste deporte náutico poderán desfrutar das rutas en padle surf ao atardecer, organizadas por Beachescolas de Praia América en colaboración co Concello de Nigrán, todos os venres de xullo e agosto de 19.00 a 21.00 horas, unha oportunidade única para desubrir Nigrán dende outra perspectiva. O prezo por persoa e travesía é de 20 euros, e inclúe táboa, remo e guía. As persoas interesadas en realizar esta travesía deberán contactar no teléfono 669 419 129 ou no correo america@beachescolas.com.











