Rueda destaca en Ourense a plena consolidación do modelo das Delegacións Territoriais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Alfonso Rueda na reunión co delegado da Xunta en Ourense

Alfonso Rueda na reunión co delegado da Xunta en Ourense

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo hoxe unha reunión co delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martinez e cos xefes territoriais da delegación onde destacou a plena consolidación do novo modelo de delegacións territoriais.

Segundo o vicepresidente, a estrutura periférica pola que apostou a Xunta en 2009, está plenamente consolidado e desde a súa implantación permitiu unha redución dos custes de funcionamento da delegación de Ourense en máis de 10 millóns de euros, e que atende a 330.000 habitantes de 92 concellos, cunha media de 1.630 usuarios por día e un total de 1.528 actividades dende o ano 2010.

A creación da delegación territorial única supuxo un enorme aforro anual sen merma algunha na labor de xestión para os cidadáns. O plan de racionalización da administración autonómica galega, consistiu en adelgazar a administración pasando de 12 delegados provinciais a 1 representante único da Administración autonómica, o delegado territorial, con funcionarios técnicos que exercen de xefes territoriais.

Na mesma liña de optimización de recursos a través da reorganización dos servizos e seguindo coa política de austeridade imperante na pasada lexislatura e que se mantén como unha medida de continuidade para a lexislatura presente, a delegación territorial de Ourense ten un proxecto de redistribución de dependencias, que mediante o reagrupamento de servizos permitirá a supresión dos alugueiros.

O reagrupamento das diferentes oficinas non só producirá beneficios económicos senón que permite facilitar o traballo dos empregados públicos e incrementar a calidade do servizo aos administrados, e lonxe de producir unha diminución de servizos repercute nunha maior eficacia e eficiencia no funcionamento da delegación, nun aforro para as arcas públicas e nunha mellora na atención que presta aos cidadáns.

11 de xullo de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.