Rubén Millán, Cristina Noya e Adrián Sieiro son os padexeiros galegos que competirán no Campionato do Mundo sub-23

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

Rubén Millán, Cristina Noya e Adrián Sieiro son os padexeiros galegos que competirán este domingo no Campionato do Mundo sub-23 con opcións para conseguir unha medalla. Tania Fernández estará en ao final B do K-2 500 mentres Camila Aldana Morrison e Raquel Da Costa farao en K-2 500 júnior. Cristian Silva foi sétimo en K-2 500, mentres Sergio Vallejo terminou oitavo en C-1 1.000 metros.

As tres finais sub-23 disputaranse na pista de Szeged (Hungría). Rubén Millán, no K-4 1.000 metros, é un dos favoritos para estar no podio. A boa actuación desta embarcación na serie de clasificación así o demostra. Lograron a praza para a final de forma directa, sen ter que afrontar unha semifinal. Ademais, rexistraron o mellor tempo de todos os participantes.

Cristina Noya, xunto a Araceli Figueras, competirá na final de C-2 500 metros, mentres Adrián Sieiro farao no C-1 200 metros. O galego gañou a súa semifinal, polo que tamén é un candidato ás medallas. Tania Fernández estará presente na final B do K-2 500. Todos eles pertencen á categoría sub-23.

Entre os júnior, Cristian Silva terminou sétimo na final do K-2 1.000 xunto ao seu compañeiro Pedro Vázquez. E Sergio Vallejo foi oitavo en C-1 .1.000 metros a pesar da súa boa saída.

Camila Aldana Morrison e Raquel da Costa estarán na final B do K-2 500 metros tras quedar fóra da loita polas medallas.

19 de xullo de 2014 | 21:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.