Rosendo Fernández reuniuse con representantes da Plataforma pro Campus de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Rosendo Fernández na reunión coa Plataforma pro Campus de Ourense

Rosendo Fernández na reunión coa Plataforma pro Campus de Ourense

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, reuniuse hoxe no Pazo Provincial con representantes da Plataforma pro Campus de Ourense, xuntanza na que acordaron instar a que se desbloquee a actual situación relativa á implantación de Enxeñería Física no Campus de Ourense e que por parte do Campus se convoque a xunta de titulación de Físicas. Fernández afirmou que a Deputación de Ourense “defende e seguirá defendendo esta titulación para o noso campus” ao igual que xa o manifestara recentemente o presidente provincial e mesmo a Corporación Provincial de Ourense, que celebrou o pasado mes de xuño unha sesión plenaria extraordinaria tendo como único punto da orde do día o pronunciamento en favor da implantación do grao de Enxeñería Física no Campus de Ourense no curso 2014-2015.

23 de xullo de 2014 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.