Ribadumia comeza o seu programa para os máis cativos con “Xoves Animados”
O Concello de Ribadumia ten preparada unha programación de ocio infantil “Xoves Animados” que contará con numerosos actividades para nenos, xogos populares, inchábeis, maxia, contacontos, discomovil ou paiasos. Celebrarase todolos xoves do mes de xullo e agosto a partir das 20.30 horas na Praza do Concello. O obxectivo, segundo destaca a alcaldesa Salomé Peña, é “ofrecer unha programación lúdica para tódolos nenos, para que disfruten do seu tempo de ocio cos seus amigos unha vez rematadas as clases”.
Durante a tarde do xoves, a Praza do Concello converterase nun espazo de ocio, lúdico e social dos mais pequenos e as súas familias. Varios monitores ocuparanse das actividades que preparadas. Comezará este xoves 10 de xullo cunha actividade de presentación “vamos a coñecernos” e con xogos de equipo para que os mais pequenos poidan divertirse na tarde de veran.
Todas as actividades son gratuítas e esperase a participación activa de tódalas familias apoiando a labor dos monitores de cada unha das actividades.











