Ribadumia acolle un espectáculo de animación, música e danza
O Concello de Ribadumia acolle o martes 29 de xullo unha programación de ocio infantil organizada pola empresa Gas Natural. Un espectáculo que procura a participación e diversión de toda a familia con movemento, cancións e baile. A actividade de balde e aberta o público forma parta da campaña de dinamización de imaxe desta empresa que “pretende enriquecer a oferta cultural do Concello ofrecendo un espectáculo de animación familiar de xeito gratuíto”. Gas Natural acometeu nos últimos obras no municipio para achegar o seu suministro o centro de Barrantes.
O público asistente poderá disfrutar dunha merenda a base de coca de azucre e zumes ademais dalgún agasallo publicitario da marca.
A Praza do Concello volta a converterse nun espazo de ocio, lúdico e social dos mais pequenos e as súas familias xa consolidado coas actividades de Xoves animados que se celebran tódolos xoves durante o verán a partir das 20:00h.











