Retómase a mesa de apoio ao emprego do sector naval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Reunión da mesa de apoio ao emprego no sector naval

Reunión da mesa de apoio ao emprego no sector naval

Administración, patronal e sindicatos estaban hoxe convocados a unha reunión no edificio administrativo da Xunta en Vigo co fin de retomar os contactos e constituír novamente a Mesa de Apoio ao Emprego do Sector Naval.

Nun clima positivo e de cordialidade, as partes mantiveron unha toma de contacto onde chegaron ao acordo de reiniciar as negociacións e as reunións de traballo da mesa do naval tras o período vacacional, concretamente, o vindeiro 9 de setembro. Todos mantiveron o compromiso de traballar de forma conxunta con diálogo e cooperación co fin de mellorar a situación actual e futura do sector do naval na Ría de Vigo.

A última destas reunións tivo lugar a mediados do ano 2011 e, agora, coa reactivación do traballo no sector tras a chegada de inversores estranxeiros aos principais asteleiros da Ría de Vigo, se reabre o diálogo cun enfoque positivo e de total colaboración.

No encontro, convocado pola Inspección de Traballo, estiveron presentes representantes de Asime, Instaelectra e os principais asteleiros da Ría de Vigo por parte da patronal. Mentras, por parte dos sindicatos, participaron os responsables do sector de CCOO, CIG e UXT e, por último, por parte da Administración, estivo presente a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar, María Peón, a xefa do servizo de Traballo e Economía Social, Ana García, así coma o xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, José María Casas de Ron.

4 de xullo de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.