Remodeladas as superficies de xogo das pistas de Alexandre Bóveda e Fermín Bouza Brey

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Dentro do Plan de mantemento de instalacións deportivas ao aire libre, o Concello vén de executar obras nas pistas polideportivas de Alexandre Bóveda e Fermín Bouza Brey. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira Reyes Leis, acompañados por técnicos municipais, visitaron as dúas instalacións para inspeccionar os traballos realizados No caso do parque de Fermín Bouza Brey, no barrio de Vite, a actuación máis importante foi a mellora da superficie de xogo, que incluíu a limpeza, pulido e nivelado da pista, ademais do pintado das liñas. Tamén se colocaron porterías antivandálicas e un peche con malla para evitar a perda de balóns.

A pista polideportiva de Alexandre Bóveda, no parque de Xixón, tamén foi obxecto dunha intervención para remodelar completamente a superficie de xogo, pulíndoa e pintándoa.

2 de xullo de 2014 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.