publicidade hoxe

Regresan as escavacións ao Castro de Armea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

Allariz reanudou onte as escavacións no Castro de Armea. O Concello pretende con esta nova fase poñer de manifesto o potencial e o valor cultural e histórico da parroquia Santa Mariña de Augas Santas, onde se atopan os castros.

O principal obxectivo das escavacións é procurar dar unha cronoloxía válida do xacemento nas novas zonas de escavación, así como seguir investigando sobre os datos de evolución das estruturas e sobre cando estes xacementos foron abandonados á súa vida útil.. Adolfo Fernández, técnico director da investigación, afirmaba que, do total das 8 hectáreas que se supón que ten o xacemento, tan só un 0.5 está escarvado.

O concello financia esta nova fase en colaboración coa Universidade de Vigo, que aporta os profesionais. En total, un máximo de dez persoas traballan nas escavacións, e entre eles atópase un grupo de cinco alumnos en prácticas aos que a administración local lles da unha oportunidade única, xa que este tipo de formación escasea en Galicia.

O alcalde de Allariz, Francisco García, resaltou en varias ocasións o importantísimo valor turístico e paisaxístico dos xacementos e puxo de manifesto que en Setembro comezarase unha nova fase de escavacións. En total o presuposto da investigación alcanza arredor de 6000 euros e o rexedor facía público a intención do Concello de adquirir en propiedade o Monte do Señoriño para continuar potenciando os valores arqueolóxicos do Concello.

17 de xullo de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.