Regresan ás Cancelas os premios de ‘El Cubo’
Un espazo en forma de cubo, unha azafata, unha pantalla táctil e moitos premios. Eses son os compoñentes que forman El Cubo, a iniciativa que volve ás Cancelas tras o seu rotundo éxito en anteriores edicións e coa que os visitantes poderán gañar entradas de cine, noites de hotel, books fotográficos, lentes de sol e moitas máis sorpresas.
Para participar basta con ter un ticket ou tickets superior a 20€ e responder a unhas breves e sinxelas preguntas na pantalla táctil do Cubo. Só con tocar a pantalla activarase o sistema de sorteos do Cubo que será o que ditamine o premio obtido.
O Cubo é a última das moitas iniciativas que está a ter o Centro Comercial As Cancelas entre as que destacan o gran despregamento que realizou para o Mundial de Fútbol, ou o barco pirata infantil que se poderá visitar durante este mes na segunda planta.











