Regresa a Palas de Rei a Feira do Cabalo Comarca da Ulloa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPalas de Rei
A-
A+
Presentación do evento

Presentación do evento

Hoxe tivo lugar no Salon de actos do Concello de Palas de Rei, o acto de presentación da XXXIII Feira do Cabalo Comarca da Ulloa, que terá lugar en Vilar de Donas(Palas de Rei) o 3 de agosto. O acto de presentación contou coa presencia de representantes da Organización do evento encabezado por Raúl López da Asociación A  Capela e do alcalde Pablo Taboada.

Tal como quedou de manifesto na presentación, daranse cita cabalos de distintas razas e procedencias que competirán  nos diferentes concursos de morfoloxía pola mañá e competicións de velocidade pola tarde, que reunirán en Vilar de Donas a unhas 3000 personas(entre participantes e público). Dende a organización agardan sobrepasar o centear de participantes. Unha das novidades desta edición e a participación dunha categoría propia para burros. En canto os premios en total repártense 2.380 € máis os trofeos para o 4º e 5º clasificado en cada categoría. 

24 de xullo de 2014 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.