publicidade hoxe

Regresa a Maceda a cita indiscutible co rock da man do Festival San Roque and Roll de Tioira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMaceda
A-
A+

san-roque-and-roll-macedaA Asociación Xuvenil e Cultural Tioira, en Maceda (Ourense) organiza novamente o XVII Festival San Roque and Roll, un evento consolidado e cita ineludible para os amantes da boa música e da festa. A cita será o 15 de agosto a partir das 19:00 horas.

Nesta edición repiten con dous grupos como The Lákazans, despois de que a xente quedara moi satisfeita co descubrimento desta banda. Ademas da banda local Coche no Río que volve actuar despois dun ano máis de experiencia.

Ademais contaran con outras tres actuacións máis como son o grupo Collón de Lola que fai homenaxe á infancia coas cancións do programa Xabarín Club da TVG, que marcaron a toda unha xeración ao berro de Ei Xabarín!!!; La Leñera (Tributo a Leño dende 2001) que é considerada a mellor banda tributo a Leño, avalados polos propios Leño. E a actuación máis importante da historia do festival, Costas, liderado polo ex Siniestro Total, Miguel Costas. Creador de grandes cancións coma “Miña terra galega” ou “Bailaré sobre tu tumba”. Toda unha honra para a organización do festival poder contar con semellante figura do panorama nacional.

17 de xullo de 2014 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.