publicidade hoxe

Reditarase durante agosto o concurso de pinchos “Mellor… con pan de Neda”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Tras o rotundo éxito das edicións pasadas, o Concello vén de convocar a segunda edición do Concurso de Pinchos “Mellor… con pan de Neda”. Segundo explicou a concelleira de Promoción Turística, Facenda e Patrimonio, Montse Rico, celebraráse do 22 ao 31 de agosto e a iniciativa enmárcase no ciclo de actividades previas á XXVI Festa do Pan de Neda, declarada de Interese Turístico de Galicia. ¿Obxectivo? A edil sinala: promocionar e reactivar o sector hsoteleiro da vila usando como reclamo o producto gastronómico máis emblemático de Neda. Tras unha primeira reunión celebrada a pasada semana cos hosteleiros da vila, sector e Concello acordaron repetir o esquema de edicións pasadas.

E, así, segundo se recolle nas bases, o pincho debe ser unha creación culinaria coidada no que o requisito fundamental é que necesariamente un dos compoñentes debe ser o pan de Neda, xa sexa como ingrediente ou ben acompañando o pincho elaborado. Como novidade, este ano, ademáis do xurado popular –os propios clientes– tamén haberá un xurado profesional. Os primeiros elixirán os mellores locais e, o segundo, o mellor pincho. Así mesmo, editaránse unhas tarxetas nas que aparecerán casillas para cada un dos locais participantes.

Así, os clientes deberán depositar a súa tarxeta selada en cada un dos negocios, asegurando deste xeito que degustou todos os pinchos e sinalando no documento a súa elección. A entrega de premios celebraráse no transcurso da Festa do Pan, o día 7 de setembro. E, para os clientes que participen na iniciativa, realizaránse sorteos de agasallos.

16 de xullo de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.