publicidade hoxe

Racing de Ferrol e Rápido de Neda disputarán o Trofeo de Fútbol Concello de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNeda
A-
A+

Tal e como anunciara o alcalde, Ignacio Cabezón, no transcurso do acto de homenaxe ao Rápido de Neda organizado polo Concello tras o histórico ascenso á 1ª Autonómica do conxunto local, o campo municipal “Juanito González” acollerá un partido entre a formación nedense e o Racing de Ferrol. Será a próxima semana, o sábado 2 de agosto, a partires das oito do serán. Ambos equipos disputaránse o Trofeo de Fútbol Concello de Neda. Un encontro co mellor fútbol que o público poderá disfrutar sen ter que pagar entrada, xa que o acceso é gratuíto. Nesta liña, o Concello invita a veciños e veciñas a achegarse ás instalacións municipais e animar ao Rápido de Neda.

22 de xullo de 2014 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.