publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Quintana destaca o carácter innovador da empresa Portomuíños e a súa aposta polos recursos mariños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerceda
A-
A+

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, achegouse esta mañá ás instalacións da empresa Portomuiños, cuxa actividade se centra na transformación e comercialización de produtos do mar de alta gama. Durante a visita a conselleira destacou a aposta que Portomuiños fai en materia de I+D, con proxectos vinculados á creación de novas receitas culinarias e ao aproveitamento dos nosos recursos mariños. Estes valores resaltados pola conselleira, e plasmados en varios proxectos foron os que levaron á empresa alimentaria a recibir preto de 400.000 euros, nos últimos tres anos, en concepto de axudas ao amparo do Fondo Europeo da Pesca.

Portomuiños

A empresa alimentaria que adapta os produtos do mar de alta gama, como ourizos e algas aos novos formatos comerciais, ven de levar a cabo unha reestruturación das súas instalacións coa finalidade de garantir a súa competitividade. Nestes momentos Portomuiños está inmersa en varios proxectos de I+D de creación de novos produtos a partir de algas e de novidosas receitas culinarias de conservas.

1 de xullo de 2014 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.