Proxéctase na Casa da Cultura de Monforte “Yo decido. El tren de la libertad”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O documental “Yo decido. El tren de la libertad” proxectarase este venres na Casa da Cultura de Monforte, ás 20:30 h. e con entrada libre e gratuíta.

Trátase dun traballo gravado durante a protesta que se levou a cabo en Madrid o pasado 1 de febreiro contra a anunciada reforma da actual Lei do Aborto. Esta protesta partiu de Asturias por vía ferroviaria no que se chamouo “Tren da liberdade”.

O Colectivo de Mulleres Cineastas contra a Reforma da Lei do Aborto, formado por máis de 80 persoas vencelladas ó audiovisual, plasmou en imaxes este movemento cívico. A película recolle o que sucedeu na manifestación de Madrid e tamén nas doutras cidades do mundo: Edimburgo, París, Roma, Bos Aires, Luxemburgo…

A testemuña dos manifestantes de Madrid e alguns actos celebrados recentemente en contra da reforma que pretende o ministro Gallardón, mestúranse nesta película con outras imaxes do pasado, de hai trinta anos, provocando o arrepío polo seu parecido coas de hoxe.

A película documental Yo decido. El Tren de la Libertad, estréase hoxe simultáneamente en case noventa cidades de toda España. En Monforte proxectarase este venres.

10 de xullo de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.