publicidade hoxe

Proxección de cine na Casa da Cultura de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A PELÍCULA ESPAÑOLA VIVIR ES FÁCIL CON LOS OJOS CERRADOS PROXECTARASE ESTE XOVES NA CASA DA CULTURA DE CARRAL

A película protagonizada por Javier Cámara é a próxima proxección que se ofrece no ciclo de cine que se está a ofrecer na Casa da Cultura. Será o xoves, ás 20:30 h. As entradas, que son de balde, xa se poden retirar na Casa da Cultura.

A fita narra as peripecias dun profesor de inglés que quere verse en Almería con John Lennon. É unha película apta para todos os públicos.

O ciclo rematará o venres coa película Capitán Phillips.

ÚLTIMOS DÍAS DA EXPOSICIÓN DO CERTAME ISAAC DÍAZ PARDO DE ARTES PLÁSTICAS

A sala de exposicións acolle ata este venres a exposición promovida pola Deputación Provincial e que amosa as mellores obras presentadas á última edición do Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo.

A mostra ofrece obras de diferentes técnicas, entre as que salientan as de pintura, fotografía ou talla. Entre os artistas expostos se atopan Darío Basso, Jorge Barbí, Miguel Cuba Taboada ou Xurxo Lobato, entre outros.

8 de xullo de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.