Programa “Activate” en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioXuventude
A-
A+

Un ano máis, a Deputación de Pontevedra, en colaboración cos concellos, pon en marcha o programa “ACTÍVATE” ó que nos sumamos dende a OMIX-Concellaría de Xuventude

Este programa ten por obxecto ofertar cursos formativos e actividades para mozos/as de 16 a 35( o ter máis idade non é un factor excluinte en caso de quedar prazas dispoñibles) anos, co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral ademais de acadar un maior enriquecimento cultural e persoal.

O Concello de Poio, como en anteriores edicións ven de asinar o modelo de acordo de adhesión coa mencionada entidade ,a través do que se compromete a ofertar dúas destas accións formativas dirixidas, principalmente, aos seus veciñ@s máis nov@s.

A Deputación ofrece un amplo catálogo de cursos e neste caso os que solicitou o noso concello son: un de “monit@r de transporte escolar” e outro de “monit@r de comedor escolar”, de 40 horas de duración e gratuitos.

As persoas interesadas en participar nalgunha destas accións xa poden presentar a solicitude de inscrición na OMIX(Casa Rosada) ou no rexistro do Concello en horario de mañá. Poden solicitar participar nos dous cursos, cubrindo una solicitude por cada un. No caso de que a demanda de prazas sexa superior á oferta, realizarase unha selección dándolles prioridade a aquelas persoas que presenten a tarxeta de demandante de emprego así como ao número do rexistro de entrada.

O periodo de inscrición comenzou o día 7 de xullo e rematará o día 5 de setembro.

8 de xullo de 2014 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.