Preséntase a peza do mes de xullo do proxecto Vidas Entrecruzadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá o Museo Municipal foi testemuña da presentación da nova obra do proxecto solidario Vidas Entrecruzadas, correspondente ao mes de xullo. Vidas Entrecruzadas, mostra ao longo deste 2014, unha obra do artista Xosé Lois Carreira acompañada dos textos de Iñaki Aranzábal. Os beneficios da venda desta exposición son destinados a organización Médicos Sen Fronteiras.

Na presentación estiveron o artista Xosé Lois Carreira, acompañado da concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e a directora de Áreas Expositivas, Eva Torres. A obra deste mes de xullo denomínase Agente Deckard, e trátase dun acrílico e óleo sobre táboa de 65 x 110 cm. O cadro representa unha homenaxe a película O Axente Deckard, na que se aborda o individualismo do mundo actual e o sentimento de pertenza a unha realidade que resulta inabordable e exluente.

17 de xullo de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.