Preséntanse tres novelas na Biblioteca Provincial da Coruña con motivo do Congreso de Literatura Romántica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Biblioteca Provincial vén de organizar unha serie de actividades con motivo do Congreso de Literatura Romántica, que se celebra na Coruña os días 4 e 5 de xullo. O programa tivo coma eixo central a presentación de tres libros deste xénero na sala Manuel López da Biblioteca (Rego de Auga,37).

Neste acto a escritora Helena Nieto presentou “Tras los besos perdidos”; Violeta Lago, “Tú, mi mejor elección” e Rita Morrigan chegou co libro “El sueño de una bruja”. O acto contou ademais coa presenza da vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín.

O centro dispón tamén dunha exposición dedicada a este xénero literario e máis en concreto ás tres autoras que o visitaron. A mostra inclúe tamén os traballos e concursos que se teñen realizado  dende a Biblioteca.

Para completar a axenda, o persoal realizou unha guía de lectura con novelas románticas tanto para novos como para adultos, dispoñible en formato dixital e en papel. As recomendacións, tamén poden consultarse no taboleiro Pinterest da Biblioteca.

5 de xullo de 2014 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.