Presentación do campamento de verán en Marín que comeza en agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Onte tivo lugar a reunión para os nenos que comezan os campamentos de agosto no Sequelo e en Seixo. Houbo unha gran afluencia de pais e nais, aos que se lles presentaron os monitores que se encargarán dos nenos durante as dúas quincenas.  Estes campamentos de “conciliación” están cofinanciados polo “Fondo Social Europeo”, a xunta de Galicia, a través da Secretaria Xeral de Igualdade, e o Concello de Marín.

Informáronselles das normas, como levar roupa e calzado cómodo, que se poida “manchar”, xa que nestes campamentos os nenos pasarán a gran parte do tempo ao aire libre e con actividades manuais, ademais dalgunha saída á praia para os maiores, e “andainas” pola nosa vila.

Imprescindible a visera, marcar toda a roupa, auga e merenda para a media mañá, aínda que o campamento terá auga a disposición de todos os nenos, asi como crema solar.  Tamén lle deron moita importancia a que os pais lles informes de alerxias, intolerancias…e calquera información que favoreza a total satisfacción e seguridade dos nenos.  Tamén fixeron especial fincapé na toma de medicamentos, e as autorizacións para recoller aos nenos, para o que  será imprescindible o DNI.

Para que todo sexa unha pouco “sorpresa”, os pais terán todos os días un taboleiro coas actividades que realizaron ese día, para que así poidan “interrogar” aos pequenos. Tamén se lles lembrou que a hora de entrega no plan madruga vai desde as 07:45h ás  09:00, e a hora de recollida é ás 14:00h.

 

29 de xullo de 2014 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.