Posta en marcha da sexta edición do campus de baloncesto da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A sexta edición do campus de baloncesto que organiza Concello da Laracha comezou a desenvolverse hoxe nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da Laracha. O programa consta de catro xornadas, ata o xoves, a realizar en horario de 11.00 a 13.00 horas.

A actividade vai dirixida a nenos de entre cinco e catorce anos de idade, contándose con corenta e nove rapaces inscritos.

O obxectivo deste campus é fomentar a práctica do baloncesto e tamén iniciar nesta modalidade deportiva aos nenos que non tiveron contacto con ela, xa que non foi necesario ter coñecementos previos para poder inscribirse. Os rapaces terán ocasión de aprender aspectos técnicos, tácticos e tamén cuestións relativas ao regulamento do baloncesto.

Neste sentido, os técnicos responsables do campus salientaron que moitos dos participantes son nenos que non forman parte das escolas municipais de baloncesto, o que foi unha grata sorpresa e abre a expectativa de captar máis rapaces para adestrar e competir nesta modalidade deportiva durante o inverno.

28 de xullo de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.