publicidade hoxe

Pontecesures fomenta a solidariedade e o respecto ó medio ambiente a través do Banco de Libros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Pontecesures pon en marcha o Banco de Libros, unha iniciativa que promove o préstamo de manuais escolares, unha vez liquidado o sistema de gratuidade universal.

O obxectivo do Banco de Libros é fomentar a solidariedade en beneficio das familias con menos recursos económicos, e animar aos rapaces e rapazas no respecto ao medio ambiente mediante a reutilización dos manuais, ensinándolles a que respecten e coiden os seus libros de texto, e a que os cedan a outros cando xa non os precisen.

Deste xeito promóvese que os libros pasen dunha familia a outra, evitando a compra anual, e procurando o uso racional dos recursos didácticos. Os libros poden ser depositados na Casa do Concello ou no propio centro escolar.

10 de xullo de 2014 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.