publicidade hoxe

Ponte Caldelas organiza dúas xornadas de paseo gratis en piragua polo río Verdugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas amplía a dous días as xornadas de paseo gratuíto en piragua polo río Verdugo, que se celebrarán o xoves 31 de xullo e o venres 1 de agosto (de 16 a 20 horas), debido ao gran éxito de público desta experiencia desenvolvida o pasado ano.

A actividade estará coordinada por monitores do Club de Piragüismo Vilaboa e pretende servir de alternativa de lecer para aquelas persoas que queiran gozar dunha tarde de convivencia coa contorna do río Verdugo á vez que se introduce na práctica deste deporte.

A inscrición, totalmente gratuíta, deberá realizarse nas oficinas municipais e o prazo de inscrición remata o luns 28 de xullo, ás 14 horas. As persoas que queiran anotarse nesta experiencia deberán ter unha idade superior aos 7 anos. Tamén poderán realizase a través do correo electrónico omix@pontecaldelas.org. Deberán achegar o DNI do pai/nai e do neno/a.

Os participantes nesta iniciativa poderán coñecer distintos tipo de piraguas, canoas, kaiaks, autovaciables, etc. así como as distintas técnicas empregadas polos padeeiros para facer avanzar estas embarcacións polo río Verdugo.

MONITORES EXPERIMENTADOS E MATERIAL DE SEGURIDADE

Os monitores porán a disposición das persoas inscritas tanto material de seguridade, como chalecos salvavidas, pas e as propias embarcacións. Ademais, serán os encargados de realizar as indicacións apropiadas para permitir unha aprendizaxe segura do manexo das embarcacións.

O circuíto do río elixido para realizar esta actividade terá como embarcadoiro a plazoleta de pedra, anexa ao Mercado de Abastos, xunto á pasarela de madeira e a zona do río para practicar este deporte manteranse nas inmediacións da ponte de Ponte Caldelas.

UNHA TARDE DIFERENTE DE CONVIVENCIA CO RÍO VERDUGO

Os participantes, de todas as idades, poderán gozar dunha tarde diferente no río Verdugo e en contacto coa natureza practicando un deporte saudable, tanto individual como en equipo.

Con esta actividade, o Concello de Ponte Caldelas, pretende contribuír a dinamizar o verán no municipio con ofertas lúdicas de goce individual ou en familia e que non supoñan custo algún para o cidadán. Así mesmo, profúndase no compromiso pola sustentabilidade e unha calidade de vida dos pontecaldenos en convivencia e respecto co río Verdugo e a súa contorna natural.

9 de xullo de 2014 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.