publicidade hoxe

Ponte Caldelas acomete a pavimentación da contorna da igrexa da Insua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde Perfecto Rodríguez supervisou onte o remate das obras para a celebración das festas de Santa Mariña que se celebran este fin de semana nesa parroquia.

O Concello está a ultimar estas semanas un importante plan de mellora de firme en camiños de varias parroquias.

O alcalde de Ponte Caldelas supervisou onte a finalización dos traballos de pavimentado da contorna da igrexa parroquial da Insua, co obxecto de que todo estivese listo para este próximo fin de semana no que se celebrarán as festas nesa parroquia en honra a Santa Mariña.

Perfecto Rodríguez incluíu esta actuación no Plan Provincial de Obras que a Deputación aprobou para os Concellos da provincia. A Ponte Caldelas nese primeiro Plan de Obras Urxente correspondéronlle un total de 143.000 euros, dos cales 110.000 euros foron destinados polo goberno local a mellorar os viarios de varias parroquias. Nestes días tamén se están mellorando o firme de varios camiños en Contixe, Aluncía, acceso ao cemiterio de Ponte Caldelas, Esfarrapada,…etc.

16 de xullo de 2014 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.