Persoas con discapacidade pertencentes a Agora participan nun programa de lecer en Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

As persoas usuarias do Centro de Día da Asociación Agora de Monforte, entidade membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), participan nun programa de respiro familiar en Asturias, organizado pola entidade co obxectivo de que poidan gozar duns días de lecer.

O pasado domingo, 13 de xullo, desprazáronse ata uns apartahoteis totalmente accesibles a persoas con discapacidade en Oviedo para poder realizar pequenas saídas tanto por Oviedo como por outros puntos de interese de Asturias. O programa de saídas culturais que se enmarca dentro da actividade é o seguinte:

Luns día 14: Visita a Oviedo, á catedral e a zona histórica.

Martes día 15: Visita a Xixón, á praia e a zona histórica (Viaxaron na liña FEVE totalmente accesible dende Oviedo a Xixón).

Mércores 16: Visita ao museo arqueolóxico en Oviedo e tarde de lecer nas instalación do apartahotel.

Xoves 17: Visita a Covadonga (Basílica e Lagos).

Venres18: Visita a Oviedo, ao mercadillo e o casco antigo.

Sábado 19: Regreso a Monforte.

Esta viaxe está enmarcada dentro do proxecto de lecer inclusivo que a entidade vén desenvolvendo dende hai varios anos coa finalidade de proporcionar unha experiencia de vida diferente, nun ambiente novo, cun programa de actividades o suficientemente flexible para poder adaptalo ás necesidades de cada persoa, proporcionando tamén o necesario “respiro” para a familia e a persoa con discapacidade en relación á propia familia.

18 de xullo de 2014 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.