publicidade hoxe

Pablo Rodríguez proclámase campión de Galicia de BTT

A parroquia de Santiorxo (A Pobra do Brollón)  foi o escenario do Campionato de Galicia de BTT – XC que se disputou na mañá do domingo cunha importante participación e a organización do Club Ciclista Monforte.

A primeira carreira non deparou sorpresas sobre as previsións ao contar coa presenza dos favoritos en cada unha das categorías que se xogaban o Campionato. Irene Trabazo (C.C. Marín) se enfundó por segundo día consecutivo a camisola de Campioa de Galicia despois de que o sábado gañase o autonómico de crono na categoría cadete. Iván Feijóo fíxose co triunfo na mesma categoría masculina e en Junior  fixérono Raúl González (C.C. Maceda) e Desirée Duarte (Candybike). En Mulleres élite Lucía Vázquez (Vicma) e Eva Álvarez (C.C. Maceda) mantiveron o duelo polo cetro con vantaxe para a corredora de Vilaboa.

En Máster 40 venceu Miguel Arias (C.C. Corbelo) e en Máster 50 Antonio González (C.C. Salvaterra) .

A segunda carreira foi un monólogo de Pablo Rodríguez (MMR) quen non dió opción algunha desde a primeira volta e demostrou ao longo da carreira a súa calidade internacional e o porqué é o líder do Open de España Sub 23. Mauro González (C.C. Salvaterra) foi a mellor elite e Pablo Paz (C.C.Monforte) levou a medalla de ouro en Máster 30.

13 de xullo de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.