Ourense acolle o IV Festival de Danza e Artes do Corpo(a)Terra 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

A cidade de Ourense acolle dende o xoves, 3, ata o sábado, 5 de xuño, a cuarta edición do festival de danza e Artes do Corpo nas rúas de Ourense, Corpo(a)terra 2014.

A concelleira de Cultura, Ana Garrido, o vicerreitor do campus Virxilio Rodríguez, e as organizadoras Marta Alonso e Begoña Cuquejo presentaron esta nova edición, coa que o certame ourensán incorpórase á Rede Nacional de Festivais de Danzas en espazos non convencionais Red Acielo Abierto, xunto con 10 potentes festivales españois, como Cádiz en danza ou Trayectos (Zaragoza).

Corpo(a)Terra 2014 comezará coa actuación da compañía valenciana Proyecto Titoyaya, e inclúe tamén á compañía de México Pájaro Mosca, Los Innato, de Costa Rica, a ourensá trasPediante, PistaCatro, que pechará esta edición, así como as agrupacións OHN, ULOBIT, Alvaro Muñozledo  Félix Fernández, Ánxela Blanco, dúas sesións festa, Workshops e actividades como os proxectos El rapto de Europa, Corpo(a)cámara/Cine(a)terra, Actividade Livestream e Instalacións artísticas, a cargo de Mauro Trastoy e Mimadriña.com

1 de xullo de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.