publicidade hoxe

Os xóvenes da Baña participan na iniciativa Xplora Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaXuventude
A-
A+
Carpa Xplora Xuventude na Baña

Carpa Xplora Xuventude na Baña

Os xóvenes da Baña participaron o xoves na iniciativa Xplora Xuventude. A Carpa Xplora Xuventude achegouse ata A Baña co fin de que os mozos e mozas do Concello e da comarca da Barcala poidesen coñecer os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados. Ademáis da Carpa Xplora Xuventude que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, instalada no Lugar de Eiroa (xunto a piscina), tamén se selebrou Augalingua.

En Xplora Xuventude participaron un grupo das 8 persoas voluntarias que desenvolven o Verán Voluntario no concello, xunto coas dúas rapazas ucranianas do proxecto de SVE e para as que tamén se lles ofreceu información.

A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega. Ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

4 de xullo de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.