Os xogos de toda a vida e as cancións infantís populares chegan da man de Teresa Rabal ao auditorio de Vilagarcía
O Auditorio encherase mañá dos xogos infantís de toda a vida e das cancións populares coñecidas por calquera xeración. Será da man de Teresa Rabal e e de “Veo Veo. El musical”, o espectáculo que se pon en escena a partir das 20:30 horas para divertir a nenos e maiores. A billeteira ábrese ás 18:30 horas.
“Veo Veo” é un espectáculo musical de agora e de sempre. Temas tan populares entre diversas xeracións como Veo Veo, De Oca en Oca ou Me pongo de pie soarán na función na que a fantasía, a alegría, a música, o baile e os xogos de toda unha vida son os seus ingredientes.
Con este espectáculo, Teresa Rabal ofrécelle a moitos pais lembrar a súa infancia e cantar cos seus fillos os temas cos que medraron e xogaron e que compoñen a banda sonora dos “nenos de 40 anos”. “Veo Veo, el Musical” é unha cadea de xogos musicais para alegrar a toda la familia, para o cal Teresa Rabal preparou un espectáculo dinámico e moi enérxico no que a acompañan un corpo de ballet e varios personaxes de ficción para unha posta en escena brillante e na que tamén interactuará o público presente.
Teresa Rabal percorre con este espectáculo éxitos musicais como El tren, La Pompa de Jabón, El Cochecito, La Muñeca Rebeca, El Barco de Papel, ou La Pelota Loca
Os bailaríns do Ballet Duende e os bonecos xigantes (o can Napoleón,a Tartaruga Tomasa, o Grilo Viruta, Paco Papeiras…etc…) sorprenderán a nenos e adultos cons seus xogos, bailes e falcatruadas.
As entradas infantís custan 12, 10 e 8 euros (zonas A,B e C, respectivamente) e as de adultos, 14, 12 e 10 euros.











