Os voluntarios de Turismono Carballiño iniciaron a súa formación co historiador Xosé Luis Sobrado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os mozos carballiñeses que se inscribiron para a acción de voluntariado da área municipal de Turismo, iniciaron este venres o proceso de formación, para ter unhas nocións básicas da vila e o ámbito do Carballiño, que lles servirán para asesorar os visitantes e turistas que estean durante o verán na vila carballiñesa. En total son 8 voluntarios, que xa recibiron as primeiras nocións do Carballiño por parte do historiador e membro do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado.

Estes mozos servirán de apoio aos traballadores municipais da área de Turismo, así como ás dúas traballadoras contratadas para a tempada estival na oficina de turismo. As súasfuncións non serán as dun guía turístico, pero si de acompañamento aos visitantes, tal e como se realizou noutras cidades e vilas do territorio galego. O seu traballo desenvolverano ata o próximo mes de setembro.

11 de xullo de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.