Os voluntarios de Protección Civil de Santiago prestan axuda aos peregrinos durante este verán
Dende o pasado 15 de xullo, os voluntarios de Protección Civil de Santiago prestan axuda aos peregrinos que se achegan a Compostela seguindo algún dos Camiños. Dende o mencer, os voluntarios de Protección Civil auxilian os peregrinos en todo o que precisan. Complementan este labor con traballos diversos, como a limpeza dos sinais indicadores do Camiño. Esta presenza no Camiño estalle servir tamén aos voluntarios para compartir experiencias con xentes chegadas de todos os rincóns do mundo.











