publicidade hoxe

Os veciños beneficiados pola concentración parcelaria de Borrifáns poderán tomar posesión das fincas de reemplazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOza/Cesuras
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe aviso polo que se anuncia a toma de posesión provisional das fincas da concentración parcelaria de Borrifáns, no concello coruñés de Oza-Cesuras. Con este anuncio ponse en coñecemento dos veciños que poden comezar a usar as novas fincas resultantes do proceso de reorganización.

Deste xeito a Xunta de Galicia contribúe a modernizar as explotacións a mellorar os accesos ás novas fincas e aumentar o valor da base territorial. Nun prazo de 60 días a partir da toma de posesión, os adxudicatarios van a poder reclamar ante a Xefatura territorial de Medio Rural na Coruña, no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real das novas fincas e a que conste no expediente de concentración.

Reorganización

Esta concentración parcelaria, supón a reorganización da propiedade de 5.080 parcelas en 1.233 fincas, pertencentes a 636 propietarios. Dende o seu inicio lévanse investido algo máis de de 2,7 millóns euros que na súa meirande parte se destinaron á execución da rede de camiños principais e secundarios.

31 de xullo de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.