Os usuarios da asociación Íntegro visitan as Rías baixas e as Illas Cíes
O xoves, 17 de xullo, as persoas usuarias do centro ocupacional e de día da Asociación ÍNTEGRO, entidade membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), partiron destino ás Rías Baixas para gozar de dúas xornadas por esas terras. Visitaron os Muíños de Barosa, no Concello de Barro, o casco histórico de Pontevedra, e o Parque do Castro e a praia de Samil en Vigo.
Ao día seguinte, venres 18 de xullo, está previsto que visiten as Illas Cíes e pasen toda a xornada en contacto coa natureza gozando deste parque natural.
Para a realización desta actividade cóntase co apoio da ONG Solidarios Anónimos de Vigo que organiza a visita dentro da campaña de sensibilización denominada Turismo para todos, a través da cal permitirá coñecer a flora e fauna do Parque Nacional das Illas Atlánticas aos diferentes colectivos sociais.
Esta viaxe está enmarcada dentro do proxecto de lecer inclusivo que a entidade ven desenvolvendo dende hai varios anos e para o que conta coa colaboración do Servizo de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación de A Coruña.











